Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Barbadás e a arbitraxe derrotan o Arenteiro nos Carrís (3-0)

20, Setembro 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Terceira derrota cnsecutiva do Arenteiro nesta liga, un discreto Barbadás, eso sí, axudado pola parcialidade arbitral, que perxudicou notablemente ós carballiñeses, acaobou goleando por 3-0 no partido xogado no campo dos Carrís, que rexistrou unha aceptable entrada no graderío. O Arenteiro aguantou ben atá a recta final do primeiro tempo, cando o ex-carballiñés Martín gañaba a posición á defensa do Arenteiro e abría a senda da victoria para os locais, corria o m. 36. Un chisco despois, no m.40 o árbitro invéntase un penalti de Tractor sobre un dianteiro do Barbadás, que nin foi penalti, e además a suposta falta, se existira, foi fora da área, as protestas do adestrador Mindo motivaron a súa expulsión. Xa nas postrimerías do encontro, un xenial Outomuro cerraba a victoria local cun golazo por toda a escadra. O Arenteiro volveu poñer de manifesto as súas carencias, sobre todo en ataque, un único tiro a portería en 90 minutos foi toda a súa bagaxe ofensiva, asi é imposible poder sacar adiante un partido. Aínda se está a tempo para poñerlle remedio a esta problemática, a solución pasa evidentemente por reforzar o equipo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-barbad%C3%A1s-e-arbitraxe-derrotan-o-arenteiro-nos-carr%C3%ADs-3-0

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-barbadás-e-arbitraxe-derrotan-o-arenteiro-nos-carrís-3-0 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-barbadás-e-arbitraxe-derrotan-o-arenteiro-nos-carrís-3-0 [3] whatsapp://send?text=O Barbadás e a arbitraxe derrotan o Arenteiro nos Carrís (3-0) http://copecarballino.es/novas/o-barbadás-e-arbitraxe-derrotan-o-arenteiro-nos-carrís-3-0 [4] http://copecarballino.es/print/42585