Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Máis de 5.000 persoas pasaron este verán pola Oficina Municipal de Turismo

28, Setembro 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os datos corresponden o informe elaborado pola concellería de turismo do Carballiño, dos mesmos despréndese que o perfil do turista tipo que este verán estivo no Carballiño é aquél que se corresponde cunha persoa entre os 35 e os 45 anos de idade, procedente prefentemente de Andalucia, Cataluña ou Madrid, e que tivo unha estadía dentre os 7 e os 15 dias de duración. Por grupos de idades, estaría en segundo lugar a franxa entre 45 e 54 anos, e en terceira posición os menores de 35 anos. Chama a atención o descenso rexistrado entre os mariores de 65 anos. Entre as cinco e as seis mil persoas pasaron este verán de 2010 pola oficina de turismo, e entre os meses de maio e setembro, o camping municipal recadou 16.500 euros. Con difrencia, agosto foi o mellor mes en canto a ocupación na hostelería carballiñesa, "seguramente o mellor dos últimos anos" aseverou Manolo Dacal, o concelleiro de turismo, tamén dixo que "se batiron records non antes recordados, nos só nos hoteis e restaurantes, senón tamén en bares e cafeterias". Según os datos facilitados polos propios hosteleiros tiveron unha ocupación entre o 70% e o 80%, e nalgúns casos rondou o 100% da capacidade. En canto os recursos turísticos do Carballiño, os visitantes valoran de maneira especial a calidade de vida, o clima, a natureza, as comunicacións e sobre todo, a nosa gastronomia, con mención especial ó polbo á feira. Finalmente, en canto os factores que influiron neste excelente verán para a hostelería carballiñesa, Dacal citou a gran cantidade de actividades celebradas, tanto festivas como culturais, de ocio e deportivas, "sendo tamén un elemento destacado a climatoloxia e a celebración do Xacobeo"

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/mais-de-5000-persoas-pasaron-este-veran-pola-oficina-municipal-de-turismo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/mais-de-5000-persoas-pasaron-este-veran-pola-oficina-municipal-de-turismo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/mais-de-5000-persoas-pasaron-este-veran-pola-oficina-municipal-de-turismo [3] whatsapp://send?text=Máis de 5.000 persoas pasaron este verán pola Oficina Municipal de Turismo http://copecarballino.es/novas/mais-de-5000-persoas-pasaron-este-veran-pola-oficina-municipal-de-turismo [4] http://copecarballino.es/print/42589