Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Cóidate, reláxate e divírtete en Maside, desenvolveráse no mes de outubro, con diferentes actividades.

29, Setembro 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello de Maside pon en marcha o I Programa de actividades lúdicas-saudables para adultos, que se realizarán ó longo do mes de outubro deste ano 2010 e que está orientado a persoas maiores de 30 anos. Este programa está incluído dentro da Campaña de Citymarketing ¡VIVE MASIDE!, na que se promociona Maside como un concello que ofrece Calidade de Vida e benestar.

 Os obxectivos que se buscan con este programa son:

-        Ofrecer unha actividade de lecer divertida e innovadora, ó mesmo tempo que beneficiosa para o corpo e sobre todo para a mente dos nosos veciños e amigos.

-        Potenciar os lazos de veciñanza e a sociabilidade entre as nosas xentes.

-        Dar a coñecer e potenciar a valorización de puntos importantes do noso Concello, como son o Puzo do Lago ou a Rañoa, tanto ós nosos veciños como ós foráneos que se sintan atraídos por estas actividades.

-        Informar e Concienciar sobre a importancia terapéutica do termalismo, da natureza e do deporte como elementos imprescindibles nunha vida de calidade.

As actividades que se levarán a cabo son:

-         Taichi: 3 de outubro ás 17.00 horas na Paraxe Natural do Puzo do Lago.

-         Risoterapia: 17 de outubro na Casa de Cultura de Maside.

-         Termas de Outariz: 22 de outubro.

-         Yoga: 24 de outubro na Rañoa.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/coidate-relaxate-e-divirtete-en-maside-desenvolverase-no-mes-de-outubro-con-diferentes

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/coidate-relaxate-e-divirtete-en-maside-desenvolverase-no-mes-de-outubro-con-diferentes [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/coidate-relaxate-e-divirtete-en-maside-desenvolverase-no-mes-de-outubro-con-diferentes [3] whatsapp://send?text=Cóidate, reláxate e divírtete en Maside, desenvolveráse no mes de outubro, con diferentes actividades. http://copecarballino.es/novas/coidate-relaxate-e-divirtete-en-maside-desenvolverase-no-mes-de-outubro-con-diferentes [4] http://copecarballino.es/print/42590