Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro non levanta cabeza e cae tamén ante o Lalín (1-3)

4, Outubro 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Quinta derrota consecutiva nesta liga dun Arenteiro que segue empeñado en cometer  os mesmos erros, tres pérdidas de balón no centro do campo sobraronlle a un práctico Lalín para levarse os 3 puntos de Espiñedo, os dezanos incluso poideron conseguir un marcador más abultado, ó fallar David Soares un penalti e non estar fino Matelo en dúas claras ocasións ante o  meta local Samuel. Se a esto unimos que o Arenteiro amosase cada domingo como un equipo moi limitado técnicamente para a categoria da preferente, o resultado non podía ser outro que unha nova derrota, ésta vez por 1-3, que mantén os carballiñeses no antepenultimo posto da clasificación, en posto directo de descenso. O equipo entregase en cada partido, pero as limitacións e a falta de oficio son considerables. Ante este panorama non queda outra máís ca reforzar con urxencia o equipo se se quere competir na categoria. De feito, durante esta semana deberíanse concretar a fichaxe de alomenos tres xogadores, un defensa, un medio-centro e un dianteiro. Ademáis, está por aclararse a situación de Kennedy, xa que este domingo o xogador nigeriano volveu chegar tarde á convocatoria, sendo reincidente, polo que Mindo non contou co seu concurso para o partido ante o Lalín.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-non-levanta-cabeza-e-cae-tam%C3%A9n-ante-o-lal%C3%ADn-1-3

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-non-levanta-cabeza-e-cae-tamén-ante-o-lalín-1-3 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-non-levanta-cabeza-e-cae-tamén-ante-o-lalín-1-3 [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro non levanta cabeza e cae tamén ante o Lalín (1-3) http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-non-levanta-cabeza-e-cae-tamén-ante-o-lalín-1-3 [4] http://copecarballino.es/print/42592