Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > 2.184 persoas buscan traballo na Comarca do Carballiño

15, Novembro 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Paro aumentou no Concello do Carballiño un 3,73% no pasado mes de outubro, acadando a cifra de 1.224 persoas en situación de desemprego, delas 572 son homes e 652  mulleres. Por segmentos de idade, a maior porcentaxe dase entre as persoas de 25 a 44 anos, con 627 parados. Entre os maiores de 45 anos son 486 persoas as que están inscrítas como demandantes de emprego no concello carballiñés, e finalmente, entre os menores de 25 anos rexistrananse 111 parados. En relación ós datos de fai un ano atrás, o paro incrementouse no municipio do Carballiño un 10,77%, 119 persoas perderon o seu  posto de traballo durante os últimos 12 meses. No conxunto dos 9 concellos da Comarca Carballiño, as persoas en situación de paro suman xa 2.184, según os últimos datos oficiais, que son os relativos ó pasado mes de outubro.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/2184-persoas-buscan-traballo-na-comarca-do-carballi%C3%B1o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/2184-persoas-buscan-traballo-na-comarca-do-carballiño [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/2184-persoas-buscan-traballo-na-comarca-do-carballiño [3] whatsapp://send?text=2.184 persoas buscan traballo na Comarca do Carballiño http://copecarballino.es/novas/2184-persoas-buscan-traballo-na-comarca-do-carballiño [4] http://copecarballino.es/print/42608