Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello de Maside somete a información pública a instalación de 2 plantas de "augas residuais"

4, Xaneiro 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A asociación ecoloxista "Matar por matar non" considera que este proxecto é "contaminante e pestilente e toda a vila de Maside está no radio de acción das súas consecuencias perniciosas", polo que invita á veciñanza de Maside a presentar alegacións para non permitir a instalación de estas plantas "ás que traerán os lodos fecais de toda a provincia". As advertencias ecoloxistas coinciden coa apertura do  prazo de 20 dias hábiles para a presentación de posibles alegacións ou reclamacións contra este proxecto, a contar desde o dia 5 de xaneiro, data posterior á publicación do Edicto do Concello de Maside no BOP, no que se da conta da petición de licenza promovida pola UTE Sercoysa-Tesagua para a instalación de 2 plantas"depuradoras nodrizas para augas residuais", no lugar coñecido como "As Varandillas", na estrada da Estación de Maside. A infraestructura está financiada pola Deputación Provincial  de Ourense, dentro dun plan no que tamén están previstas outras plantas similares nas comarcas da Limia e Valdeorras. O proxecto pode examinarse na Secretaría Municipal do Concello de Maside.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-somete-informaci%C3%B3n-p%C3%BAblica-instalaci%C3%B3n-de-2-plantas-de-augas-residuais

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-somete-información-pública-instalación-de-2-plantas-de-augas-residuais [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-maside-somete-información-pública-instalación-de-2-plantas-de-augas-residuais [3] whatsapp://send?text=O Concello de Maside somete a información pública a instalación de 2 plantas de [4] http://copecarballino.es/print/42631