Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > 12-1= 11 victorias aínda necesita o Arenteiro tras gañar na Peroxa

17, Xaneiro 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O xogador belga de orixe africana Lamíl pode ser a nova sensación deste novo Arenteiro, alomenos polo visto no partido xogado no campo do Marco da Peroxa, ónde os carballiñeses gañaron os 3 puntos en xogo no primeiro partido da segunda volta da actúal competición de liga, e na que o Arenteiro necesita gañar 12 dos 19 partidos, agora xa só restan 11, nesta conta atrás para acadar unha salvación que de momento aínda é posible, necesitaríanse gañar todos os partidos da casa e un par máis de encontros fora, a tarefa non é doada pero tampouco imposible, para sumar un total de 45 puntos. O novo dianteiro- centro do Arenteiro, Lamíl, podería ser ese goleador que necesitaba con urxencia o equipo, polo visto na Peroxa é un xogador que pode cumplir as expectativas coas que foi fichado. Ademáís, a seguridade atrás do meta portugués Pedro e a chegada ó equipo do Carballiñes Takón, o ourensano Breogán Pereiro ou o Marroquino Munir, poden ser reforzos moi importantes. Eso sí, Romero deberá traballar a tope para correxir as moitas carencias que aínda presenta o equipo. Na Peroxa, a endeblez dos locais, que remataron o partido con 3 expulsados, tampouco vale para sacar moitas conclusións. O partido do vindeiro domingo ante o Porriño sí que xa pode marcar ese momento de inflexión para ver se o equipo é capaz ou non de reconducir a situación.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/12-1-11-victorias-a%C3%ADnda-necesita-o-arenteiro-tras-ga%C3%B1ar-na-peroxa

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/12-1-11-victorias-aínda-necesita-o-arenteiro-tras-gañar-na-peroxa [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/12-1-11-victorias-aínda-necesita-o-arenteiro-tras-gañar-na-peroxa [3] whatsapp://send?text=12-1= 11 victorias aínda necesita o Arenteiro tras gañar na Peroxa http://copecarballino.es/novas/12-1-11-victorias-aínda-necesita-o-arenteiro-tras-gañar-na-peroxa [4] http://copecarballino.es/print/42639