Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Adif elixe O Irixo para ubicar o centro de control e telecomunicacións do ave para o sur de Galicia

19, Xaneiro 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Para construir o edificio que albergará as futuras instalacións, o Ministerio de Fomento expropiará unha superficie de aproximadamente 4.000 metros cadrados, nas inmediacións da localidade de Lama do Campo.  A obra terá un orzamento de 3,3 millóns de euros. O levantamento de actas, acto previo á ocupación dos terreos efectuaráse o vindeiro dia 26 deste mes de xaneiro na Casa do Concello do Irixo, ónde están citados todos os propietarios. A zona onde se ubicará o futuro centro de control de tráfico e telecomunicacións para o corredor da alta velocidade do sur de Galicia localízase preto do lugar no que o Adif contruirá a estación de mantemento da liña do ave Ourense-Santiago. O Alcalde do Irixo, Manuel Penedo, manifestou no programa "Asi son as mañás de Cope O Carballliño" que se trataba dunha excelente noticia para O Irixo, ó confirmarse a contrucción no municipio desta nova infraestructura "que creará máis postos de traballo, aínda que unha boa parte será persoal cualificado que virá de fora, pero sempre haberá máis traballo e movemento no Irixo, e ingresos para o Concello". Penedo referiíuse á futura edificación que consturirá o Adif "que se licitará de forma inmediata, probablemente no vindeiro mes, e ocupará unhos 2.000 metros cadrados, dentro desta parcela de 4.000 metros que agora é expropiada"

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-adif-elixe-o-irixo-para-ubicar-o-centro-de-control-e-telecomunicacions-do-ave-para-o-sur-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-adif-elixe-o-irixo-para-ubicar-o-centro-de-control-e-telecomunicacions-do-ave-para-o-sur-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-adif-elixe-o-irixo-para-ubicar-o-centro-de-control-e-telecomunicacions-do-ave-para-o-sur-de [3] whatsapp://send?text=O Adif elixe O Irixo para ubicar o centro de control e telecomunicacións do ave para o sur de Galicia http://copecarballino.es/novas/o-adif-elixe-o-irixo-para-ubicar-o-centro-de-control-e-telecomunicacions-do-ave-para-o-sur-de [4] http://copecarballino.es/print/42640