Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta destinará 1 millón de euros para o museo "Espazo dos sentidos do viño" en San Clodio

27, Marzo 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, asinará nos próximos dias un convenio coa Consellería de Cultura, que posibilitará o acondicionamento dun inmoble anexo ó mosteiro de San Clodio, e que albergará un museo do viño denominado "Espazo dos sentidos do viño". Con dita actuación, cun orzamento superior a 1 millón de euros e prazo de execución de pouco máis de 1 ano, preténdese a rehabilitación dunha edificación singular recuperando o seu estado orixinal e incorporando á vez elementos novos, de forma que non compita coa importancia da cuberta cerámica do mosteiro. Contará con planta soto, vestíbulo, planta alta e zona de viñedo, na que se atopará: unha sala de catas, aseos, sala de reunións, sala de conferencias, zona de degustación para épocas estivais, zona de colleita personalizada por grupos, que integra un lagar e espazo de prensado, zona de exposición e venda de productos autóctonos, un salón dos sentidos e un taller orientado a catas non profesionais.

Dita área pretende ser un espazo das emocións que produce o viño, e no que se trata de mergullar ós visitantes no fascinante mundo das percepcións sensitivas que ofrece esta bebida, froito dun proceso de elaboración moi laborioso e coidado, para poder acadar a máxima calidade. Artéllase como un percorrido conceptual e de aproximación sensorial ao mundo do viño, con distintas etapas e complementándose con outras zonas, como poden ser a zona de desgustación ou a viña donde se aprecien as distintas variedades autóctonas.

Compleméntase a apreciación dos demais sentidos no artellamento multimedia coa inundación do espazo, con sons identificables vencellados ó mundo dos viños, dende gravacións efectuadas en adegas, o son de descortezar unha botella, o rumor do vento movendo as follas, o pisado da uva, o son da fermentación, etc…

Na zona de catas, desenvolverase o achegamento á textura das uvas e do viño, como complemento do sentido do sabor.

Este singular espazo museístico cumpre tamén co obxectivo de promover o coñecemento, a través do mundo do viño, da comarca do Ribeiro nos seus aspectos culturais e xeográficos, pois o enoturismo ten a virtude de vertebrar todos os recursos dunha zona: paisaxe, natureza, patrimonio, artesanía, ocio e deporte, festas e tradición e, por suposto, gastronomía.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-destinar%C3%A1-1-mill%C3%B3n-de-euros-para-o-museo-espazo-dos-sentidos-do-vi%C3%B1o-en-san-clodio

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destinará-1-millón-de-euros-para-o-museo-espazo-dos-sentidos-do-viño-en-san-clodio [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destinará-1-millón-de-euros-para-o-museo-espazo-dos-sentidos-do-viño-en-san-clodio [3] whatsapp://send?text=A Xunta destinará 1 millón de euros para o museo [4] http://copecarballino.es/print/42669