Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Caamaño e Trigás retanse con ir ó xulgado, mentres o BNG pide a intervención do Consello de Contas

2, Maio 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Grupo Municipal do BNG remitíu un escrito ó Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia, no que solicitan que se interveña de oficio por parte deste organísmo, para aclarar "con rigor cál é a situación do estado das contas no Concello de Boborás". A portavoz do BNG, Mª Dolores Cachafeiro, que xunto o tamén Concelleiro Manuel González, asinan esta solicitude, expoñen no escrito "as graves acusacións cruzadas entre membros do actúal grupo de goberno relativas a unhas posibles irregularidades nas contas municipais". Despois da celebración do Pleno da Corporación, no que os votos de BNG, PSOE e os dous concelleiros do Partido Popular que se apartaron do grupo municipal, impediron a destitución do Tesoureiro José Benito González Trigás, éste e O Alcalde Cipriano Caamaño, manteñense inflexiibles nas súas posturas e retanse mutuamente con trasladar o caso á xustiza. O Tesoureiro asegura que a súa xestión é correcta, e que as irregularidades foron cometidas polo Alcalde, ó ordenar transferencias sen ter a autorización de tesourería, mentres que O Alcalde afirma que o problema débese ó cobro dunhos cheques que realizou o tesoureiro e que están sen xustificar os gastos realizados. O Secretario do Concello  Boborás chegou a advertír ó Tesoureiro, no transcurso da úlitma sesión que celebou a Corporación, da  súa actuación irregular ó sacar fora das dependencias municipais o libro oficial de contas, unha conducta que incluso, de confirmarse, podería estar incurrindo en  delito penal.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/caamano-e-trigas-retanse-con-ir-o-xulgado-mentres-o-bng-pide-intervencion-do-consello-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/caamano-e-trigas-retanse-con-ir-o-xulgado-mentres-o-bng-pide-intervencion-do-consello-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/caamano-e-trigas-retanse-con-ir-o-xulgado-mentres-o-bng-pide-intervencion-do-consello-de [3] whatsapp://send?text=Caamaño e Trigás retanse con ir ó xulgado, mentres o BNG pide a intervención do Consello de Contas http://copecarballino.es/novas/caamano-e-trigas-retanse-con-ir-o-xulgado-mentres-o-bng-pide-intervencion-do-consello-de [4] http://copecarballino.es/print/42682