Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Cipriano Caamaño sobre Move Boborás " unhos enfurecidos e desorientados, que ensuciaron esta campaña electoral "

25, Maio 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Pasaron as eleccións municipais pero este feito non parece que rebaixe a tensión política no Concello de Boborás, alomenos tras unhas novas manifestacións do gañador desta xornada electoral do pasado domingo, o Candidato do PP e reelexido Alcalde de Boborás, Cirpriano Caamaño, que volvía referirse ós seus opoñentes políticos de MOVE BOBORÁS afirmando que "teño a conciencia moi tranquila e dígolle a todos os veciños que non fagan puto caso a estos enfurecidos e desorientados que andan polo Concello adiante contando mentiras, e que tiñan como punto principal no programa chimpar ó Alcalde". Caamaño lamentou que "no momento das eleccións proxectaran unha mala imaxe do Concello de Boborás, con mentiras, con comportamentos xenófobos, de odio, e de tratar mal á xente". O rexidor municipal, que calificou a pasada campaña electoral como "a máis sucia" da hsitoria de Boborás, tamén se referíu na súa interveción a través desta emisora de radio á denuncia xudicial presentada polo tesoreiro municpal e promotor de MOVE BOBORÄS Lito González Trigás, por unha presunta falsificación da súa sinatura nun cheque. Cipriano Caamaño dixo que será o propio tesoureiro quen deberá aclarar todo este asunto, "esos 15 mil euros que se pagaron con ese cheque, quen fixo  o encargo e o contacto coa empresa que fixo ese suministro foi Eva, e eu xiquera sei si "esa empresa son ou non son amigos dela". O Alcalde afirmou que tanto a factura como o mandamento de pago que él asinou son correctos e "o único que dí o tesoureiro é que a firma non é dél".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/cipriano-caamano-sobre-move-boboras-unhos-enfurecidos-e-desorientados-que-ensuciaron-esta

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cipriano-caamano-sobre-move-boboras-unhos-enfurecidos-e-desorientados-que-ensuciaron-esta [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cipriano-caamano-sobre-move-boboras-unhos-enfurecidos-e-desorientados-que-ensuciaron-esta [3] whatsapp://send?text=Cipriano Caamaño sobre Move Boborás [4] http://copecarballino.es/print/42700