Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Celebración azulgrana no Carballiño "controlada" pola Policia Local

29, Maio 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

[5]A victoria blaugrana no Wembley Stadium desatou a euforia dos seguidores carballiñeses, concentrados no entorno do santuario culé, a "Casa Piruxo", ónde a empanada galega e o cava catalán fixeron unha perfecta maridaxe para celebrar un novo éxito do Barça. Nada máis rematar o partido que deu os culés a cuarta Copa de Europa, centos de afeccionados sairon ás ruas do Carballiño, unha boa parte deles deronse cita na sede da Peña Barcelonista liderados polo "mítico Pituxo", que repartiu abrazos e  saúdos entre numerosos amigos. Un espectáculo de fogos artificiais e clásicos cánticos como os de "boti, boti, madridista  el que no boti" resoaron na noite carballiñesa. A anécdota da celebración, que transcurríu  sen incidentes, foi a chamada da atención dunha patrulla da Policia Local a unhos afeccionados que se dispoñían a pintar coas coores azul e grana o paso de peóns, sen embargo pouco efectiva foi a advertencia, xa que momentos despois da retirada da dotación policial, proseguiron coa súa idea, e finalmente, materializaron o seu obxetivo no medio dos aplausos da concurrencia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/celebracion-azulgrana-no-carballino-controlada-pola-policia-local

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/celebracion-azulgrana-no-carballino-controlada-pola-policia-local [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/celebracion-azulgrana-no-carballino-controlada-pola-policia-local [3] whatsapp://send?text=Celebración azulgrana no Carballiño [4] http://copecarballino.es/print/42701 [5] http://copecarballino.es/image/policia-local-non-pudo-impedir-pintada