Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Marnotes e Dopazo serán os novos Deputados Provinciais da Comarca do Carballiño

13, Xuño 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os concellais electos do PP e PSOE do conxunto dos 9 Concellos da Comarca están convocados este martes 14 de xuño na sede da Xunta Electoral de Zona, para o acto de elección dos 2 Deputados Provinciais que lle corresponden á nosa Comarca. Tralos resultados nos comicios municipais do pasado 22 de maio, PP e PSOE obtiveron un representante na futura Corporación Provincial. No Partido Popular, Argimiro Marnotes relevará ó Alcalde de Cea, José Luis Valladares, que tras 12 anos de Deputado Provincial deixa o posto ó novo Alcalde do Carballiño, ó que os concellais da Comarca premian coa súa designación polo espectacular resultado electoral no Concello da capitalidade comarcal, ónde obtivo a primeira maioria absoluta da democracia para o Partido Popular. Doutra parte, os socialistas elexirán como Deputado Provincial ó Concelleiro de Cea e Secretario da Agrupación Local do Carballiño, Guillermo Dopazo, que sustituirá ó ex-Alcalde carballiñés Carlos Montes.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/marnotes-e-dopazo-ser%C3%A1n-os-novos-deputados-provinciais-da-comarca-do-carballi%C3%B1o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/marnotes-e-dopazo-serán-os-novos-deputados-provinciais-da-comarca-do-carballiño [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/marnotes-e-dopazo-serán-os-novos-deputados-provinciais-da-comarca-do-carballiño [3] whatsapp://send?text=Marnotes e Dopazo serán os novos Deputados Provinciais da Comarca do Carballiño http://copecarballino.es/novas/marnotes-e-dopazo-serán-os-novos-deputados-provinciais-da-comarca-do-carballiño [4] http://copecarballino.es/print/42709