Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O PSOE denuncia a paralización da obra do polideportivo do Irixo

29, Xuño 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O portavoz socialista no Irixo, Francisco Javier Rodríguez, denuncia “a parálise do Concello que ten o seu fiel reflexo nas obras do millonario pavillón de deportes, paradas dende hai tres meses, e no deteriorado parque infantil do colexio público”.  Rodríguez critica a falta de sensibilidade do alcalde que conseguiu chegar ás vacacións escolares sen arranxar as instalacións do colexio, perigando incluso o seu mantemento. “O feito de que o colexio estivera case a punto de ser pechado manifesta a falta de interese por aumentar poboación ou fixar a que aquí vive. A este paso os poucos nenos que nos quedan terán que marchar a outras vilas, e o Irixo esmorecerá lentamente”, afirma. O portavoz socialista considera que “non hai máis que ver o estado de ambas obras para decatarse de que o último que interesa ao Grupo de Goberno Popular son os nenos e a xente nova”. 

 

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-psoe-denuncia-paralizaci%C3%B3n-da-obra-do-polideportivo-do-irixo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psoe-denuncia-paralización-da-obra-do-polideportivo-do-irixo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psoe-denuncia-paralización-da-obra-do-polideportivo-do-irixo [3] whatsapp://send?text=O PSOE denuncia a paralización da obra do polideportivo do Irixo http://copecarballino.es/novas/o-psoe-denuncia-paralización-da-obra-do-polideportivo-do-irixo [4] http://copecarballino.es/print/42716