Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os últimos reaxustes no C.D. Arenteiro deixan fora do equipo ó brasileiro Marconi

20, Xullo 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O futbolista carioca que chegara ó plantel de Espiñedo no tramo final da pasada tempada, e incialmente ía continuar formando parte do proxecto para a 1ª autonómica, xa está fora do Arenteiro. Costa Damasceno "Marconi" causou baixa por falla de entendemento tanto có adestrador como coa xunta directiva, ó entender que o xogador non se adaptaba ás esixencias do club presidido por Antonio Iglesias "Cadavid". A baixa do central brasileiro quedaba cuberta no transcurso desta semana coa fichaxe de Rubén, ex-xogador da Ponte e o Melias, que chega procedente do C.D.Barco, no que militou na pasada tempada e acadando cos valdeorreses o ascenso á preferente autonómica. Trátase dun xogador de 22 anos moi do agrado de Ramón Dacosta, tras esta fichaxe dase por cerrada a composición do plantel, cun total de 22 fichas, salvo que como recoñecia o propio adestrador "aparezca un mirlo branco, non sendo asi estou satisfeito co que temos, e creo que será suficiente para cumplir os obxetivos".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-ultimos-reaxustes-no-cd-arenteiro-deixan-fora-do-equipo-o-brasileiro-marconi

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-ultimos-reaxustes-no-cd-arenteiro-deixan-fora-do-equipo-o-brasileiro-marconi [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-ultimos-reaxustes-no-cd-arenteiro-deixan-fora-do-equipo-o-brasileiro-marconi [3] whatsapp://send?text=Os últimos reaxustes no C.D. Arenteiro deixan fora do equipo ó brasileiro Marconi http://copecarballino.es/novas/os-ultimos-reaxustes-no-cd-arenteiro-deixan-fora-do-equipo-o-brasileiro-marconi [4] http://copecarballino.es/print/42726