Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Unha exhibición de doma clásica e unha ruta turística, entre as actividades da festa do cabalo do Irixo

5, Agosto 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A XI edición da festa do cabalo do Concello do Irixo, que se celebra este domingo 7 de agosto na carballeira do Tellado, ofrécenos este ano varias novidades na súa programación, entre elas, unha exhibición de doma clásica que estará a cargo dos xinetes do club deportivo ecuéstre de Ourense, que terá lugar ás 6,30 da tarde. O Tenente-Alcalde do Irixo e coordenador da festa, Manuel "Lito" Cerdeira, tamén confirmaba a participación de xinetes procedentes de Santiago e Pontevedra e que protagonizarán un concurso de beleza e estampa para cabalos árabes, outra das actividades que se incluen por vez primeira na programación da festa.

 A outra novidade para este domingo estará na celebración dunha ruta cabalar que sairá ás 10 da mañá desde a propia carballeira do Tellado para percorrer unha distancia dunhos 20 kms. que Lito Cerdeira destacaba "pola súa impresionante beleza paisaxística, e que nos levará pola Lama e Menaz atá Orosa, dese alí subirémos atá o parque eólico, para divisar unha visión completa do Concello do Irixo, adentrándonos despois no Concello de Piñor atá Marañis e regresando á carballeira do Tellado a través da Cruz da Grade". Ademáis na programación de activdades tamén nos encontramos cos xa tradicionais concursos de andadura e beleza e estampa, e unha jinkana tanto para nenos como adultos. As persoas que se acheguen ata a emblemática carballeira do Tellado poderán degustar un xantar popular, no que non faltarán o polbo á feira, a carne ó caldeiro e o churrasco. Á tardiña, un dúo musical amenizará a despedida festiva.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/unha-exhibicion-de-doma-clasica-e-unha-ruta-turistica-entre-actividades-da-festa-do-cabalo-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-exhibicion-de-doma-clasica-e-unha-ruta-turistica-entre-actividades-da-festa-do-cabalo-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-exhibicion-de-doma-clasica-e-unha-ruta-turistica-entre-actividades-da-festa-do-cabalo-do [3] whatsapp://send?text=Unha exhibición de doma clásica e unha ruta turística, entre as actividades da festa do cabalo do Irixo http://copecarballino.es/novas/unha-exhibicion-de-doma-clasica-e-unha-ruta-turistica-entre-actividades-da-festa-do-cabalo-do [4] http://copecarballino.es/print/42736