Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Panorama, Paris de Noia, Olympus e Sintonia de Vigo, entre as orquestras que actuarán nas festas da Saleta de Cea

29, Agosto 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Vila de Cea volverá reunir este ano ás mellores orquestras de Galicia, será con motivo das festas da Saleta 2011, o último gran acontecememento festivo do calendario estival na nosa comarca. A Comisióin de festas xa contratou as orquestras que animarán as verbenas entre os dias 22 ao 26 de setembro. O desfile de orquestras abriráse o xoves 22 coa presenza en Cea da orquestra Panorama, o venres 23 actuará a Paris de Noia, o sábado 24 Tango e Océano, o domingo 25 Sintonia de Vigo e Costa Oeste, e o lúns 26 cerrará este cartel de luxo a orquestra Olympus. 

Ademáis, a comisión de festas, que está integrada por un grupo de veciños e veciñas da vila de Cea, está ultimando o resto de actividades da programación festiva, na que non faltarán os pasarúas e concertos de bandas de música, e outras actividades de animación. A comisión organizadora contará, ademáis das cuotas que aportarán as familias de Cea, coa colaboración económica do Concello de San Cristobo de Cea, para financiar unhas festas que, por historia e tradición, e tamén pola calidade na súa programación, poden considerarse entre as mellores da provincia de Ourense.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/panorama-paris-de-noia-olympus-e-sintonia-de-vigo-entre-orquestras-que-actuaran-nas-festas-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/panorama-paris-de-noia-olympus-e-sintonia-de-vigo-entre-orquestras-que-actuaran-nas-festas-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/panorama-paris-de-noia-olympus-e-sintonia-de-vigo-entre-orquestras-que-actuaran-nas-festas-da [3] whatsapp://send?text=Panorama, Paris de Noia, Olympus e Sintonia de Vigo, entre as orquestras que actuarán nas festas da Saleta de Cea http://copecarballino.es/novas/panorama-paris-de-noia-olympus-e-sintonia-de-vigo-entre-orquestras-que-actuaran-nas-festas-da [4] http://copecarballino.es/print/42753