Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello trasladará a nave de Protección Civil e restituirá a legalidade urbanística na estación de ferrocarril

27, Setembro 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o anunciou o Alcalde, Argimiro Marnotes, o goberno municipal do Partido Popular proxecta o traslado das instalacións de Protección Civil, na actualidade sitas a carón da estación de Renfe, para ubicalas no "campo da feira de Framia", que xa hai anos perdeu o seu uso como tal, hai moito tempo que xa no acude gando a este lugar, no que únicamente se mantiña a tradición do xantar da feira, un servizo que precisamente se prestará por derradeira vez este vindeiro dia 30 de setembro. Trátase -explicaba Marnotes- de solo de uso dotacional, e no que existen varias dependencias que foron construidas nos últimos anos polo concello e que en opinión do Alcalde se adaptan ás necesidades da Agrupación de Protección Civil.

Marnotes tamén confirmou que se pretende trasladar a nave "que foi construida en zona verde e da que en varias ocasiós se falara da necesidade de trasladara pero nunca se fixo, a estructura é desmontable e polo tanto poderáse levar". Desta maneira, restituiráse a legalidade urbanística nesta zona, desmantelando esta nave que causara gran polémica na vida municipal cando fora construida polo anterior goberno socialista.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-trasladar%C3%A1-nave-de-protecci%C3%B3n-civil-e-restituir%C3%A1-legalidade-urban%C3%ADstica-na-estaci%C3%B3n

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-trasladará-nave-de-protección-civil-e-restituirá-legalidade-urbanística-na-estación [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-trasladará-nave-de-protección-civil-e-restituirá-legalidade-urbanística-na-estación [3] whatsapp://send?text=O Concello trasladará a nave de Protección Civil e restituirá a legalidade urbanística na estación de ferrocarril http://copecarballino.es/novas/o-concello-trasladará-nave-de-protección-civil-e-restituirá-legalidade-urbanística-na-estación [4] http://copecarballino.es/print/42774