Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Dimite dos seus cargos no Concello de Piñor a 1ª Tenente Alcalde, Rosa Mary Lorenzo Alubias

4, Outubro 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Catro meses despois de tomar posesión como concelleira do grupo socialista en Piñor, Rosa Mary Lorenzo Alubias presentou a súa dimisión de todos os cargos que viña ocupando desde o inicio deste mandato municipal, ademáis de 1ª Tenente de Alcalde de Piñor, tamén exercía como concelleira-delegada de benestar social, sanidade e traballo, asi como de igualdade, xuventude, cultura e participación cidadán.

A renuncia da Tenente Alcalde deuse a coñecer na sesión plenaria que ven de celebarar a Corporación Municipal de Piñor, e na que o Alcalde Francisco Fraga limitouse a agradecer a dedicación da concelleira á vida municipal e anunciou a súa renuncia recurrindo ao tópico "por motivos personais". Non é a primeira dimisión inesperada que se produce nos últimos meses no grupo de goberno socialista do Concello de Piñor, xa que unhas semanas antes de rematar o anterior mandato municipal presentara a súa renuncia Alberto Pousa, que daquéla exercía tamén como Tenente Alcalde. Agora, cando se cumplen catro meses desde a toma de posesión deixa o concello a nº 2 do grupo socialista. 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/dimite-dos-seus-cargos-no-concello-de-pinor-1a-tenente-alcalde-rosa-mary-lorenzo-alubias

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/dimite-dos-seus-cargos-no-concello-de-pinor-1a-tenente-alcalde-rosa-mary-lorenzo-alubias [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/dimite-dos-seus-cargos-no-concello-de-pinor-1a-tenente-alcalde-rosa-mary-lorenzo-alubias [3] whatsapp://send?text=Dimite dos seus cargos no Concello de Piñor a 1ª Tenente Alcalde, Rosa Mary Lorenzo Alubias http://copecarballino.es/novas/dimite-dos-seus-cargos-no-concello-de-pinor-1a-tenente-alcalde-rosa-mary-lorenzo-alubias [4] http://copecarballino.es/print/42780