Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Entidade Menor defende a propiedade das augas de Berán

11, Outubro 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Pleno da Entidade Menor de Berán ven de acordar personarse como parte no recurso contencioso presentado por un particular contra a concesión e explotación das augas termais e o perímetro de protección do balneario da localidade. O Veciño que promove este recurso, o mesmo que xa pleiteou contra o concello pola expropiación dos terreos nos que se abríu o camiño de acceso ao novo balneario, entende que tén dereitos en relación a estas augas termais.

O Vocal Socialista na Entidade Menor, Tomás Lorenzo Fariña declarou no programa "Asi son as mañás de Cope" que "unha vez máis ponse de manifesto o que vimos decindo desde o PSOE, que o retraso na apertura do novo balneario non é culpa nosa, senón de quen leva facendo tan mal as cousas, díxosenos sempre  que este problema coa declaración das augas estaba solucionado, asi que agora a Entidade fai o que ten que facer, que é defender a propiedade das augas". Lorenzo Fariña cree que "hai poucas posiblidades de que o contencioso poida prosperar, pero a Entidade ten que facer ben as cousas para que dunha vez por todas poida abrirse o novo balneario".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/entidade-menor-defende-propiedade-das-augas-de-beran

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/entidade-menor-defende-propiedade-das-augas-de-beran [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/entidade-menor-defende-propiedade-das-augas-de-beran [3] whatsapp://send?text=A Entidade Menor defende a propiedade das augas de Berán http://copecarballino.es/novas/entidade-menor-defende-propiedade-das-augas-de-beran [4] http://copecarballino.es/print/42788