Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os orzamentos da Xunta para o 2012 destinan preto de 1 millón de euros para o museo dos sentidos do viño, que promove o Concello de Leiro

31, Outubro 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, manifestou en COPE a "a alegria que sentín ó coñecer esta noticia, non é que desconfiase de quen tiña comprometida a súa palabra, pero agora xa está no papel, e eso asegura que este proxecto vai para adiante". Fernández espera que "nos primeiros 4 meses do ano que ven debería xa procederse a licitación da obra", que inclúe ademáis do proxecto museístico a rehabilitación da edificación anexa ao mosteiro de San Clodio.

O investimento previsto, e para o que o Decrreto Lei dos Orzamentos da Xunta para o ano 2012, fixan unha partida presupostaria de 971.000 euros, terá como obxeto a creación do "Espazo dos Sentidos do Viño", e según a memoria do proxecto, consistirá "nun espazo das emocións que produce o viño, e no que se tratará de mergullar aos visitantes no fascinante mundo das percepcións sensitivas que ofrece, artellaráse como un percorrido conceptual e de aproximación sensorial ao mundo do viño".

NOVA ETAP PARA O MUNICIPIO DE LEIRO

O Rexidor Municipal tamén confirmou a esta emisora de radio a próxima construcción dunha nova Estación de Tratamento de Auga Potable  "unha vez que a obra xa foi adxudicada pola Xunta á empresa EXTRACO", a nova infraestructura, para a que se destinou un investimento de 236.000 euros por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraesctructuras, posibilitará mellorar o abastecemento de auga á vila de Leiro, e tamén a algunhas outras localidades do municipio de Leiro.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-orzamentos-da-xunta-para-o-2012-destinan-preto-de-1-millon-de-euros-para-o-museo-dos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-orzamentos-da-xunta-para-o-2012-destinan-preto-de-1-millon-de-euros-para-o-museo-dos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-orzamentos-da-xunta-para-o-2012-destinan-preto-de-1-millon-de-euros-para-o-museo-dos [3] whatsapp://send?text=Os orzamentos da Xunta para o 2012 destinan preto de 1 millón de euros para o museo dos sentidos do viño, que promove o Concello de Leiro http://copecarballino.es/novas/os-orzamentos-da-xunta-para-o-2012-destinan-preto-de-1-millon-de-euros-para-o-museo-dos [4] http://copecarballino.es/print/42807