Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O C.D. Arenteiro non poderá fichar xogadores mentres non resolva a débeda có Ex-Adestrador Marquitos

30, Novembro 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os responsables do C.D. Arenteiro non acudiron ao acto de conciliación có Ex-Adestrador Marcos Vázquez "Marquitos", tras unha denuncia presenta por éste na Federación Galega de Fútbol, e pola que reclama o pago da débeda contraida durante a súa etapa de adestrador, que ascende a 2.400 euros máis xuros.

Atá que se resolva esta denuncia, o club non pode tramitar novas fichas ante a FGF, polo que non podería agora mesmo realizar a fichaxe de calquera posible reforzo para a plantilla do equipo. Marquitos mostrouse moi decepcionado con esta actitude da Directiva do Club "ningúen se presentou en Santiago para a conciliación e tampouco ningúen se puxo en contacto conmigo por teléfono, estou na mellor disposición de non facer dano ao Arenteiro, pero é que ningúen me chamou".

Desde o Club, o Presidente Antonio Iglesias "Cadavid" asegurou a esta emisora de radio que "inicialmente non tiñamos coñecemento desta citación, pero xa nos puxemos en contacto coa Federación e xa lle comunicamos que o Arenteiro solucionará o problema".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-cd-arenteiro-non-podera-fichar-xogadores-mentres-non-resolva-debeda-co-ex-adestrador

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cd-arenteiro-non-podera-fichar-xogadores-mentres-non-resolva-debeda-co-ex-adestrador [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cd-arenteiro-non-podera-fichar-xogadores-mentres-non-resolva-debeda-co-ex-adestrador [3] whatsapp://send?text=O C.D. Arenteiro non poderá fichar xogadores mentres non resolva a débeda có Ex-Adestrador Marquitos http://copecarballino.es/novas/o-cd-arenteiro-non-podera-fichar-xogadores-mentres-non-resolva-debeda-co-ex-adestrador [4] http://copecarballino.es/print/42835