Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Corporación Municipal do Carballiño aproba por unanimidade un acordo contra a instalación da planta de residuos

5, Xaneiro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os 3 grupos políticos que integran a corporación aprobaron en pleno un acordo no que fixan a postura institucional do Concello do Carballiño en relación á instalación da incineradora do Irixo.

O acordo recollese en cinco puntos, no primeiro manifestase "a oposición do Concello do Carballiño á nova planta de tratamento de residuos no sur de Galicia na actúal ubicación que fixou a empresa Estéla Eólica no municipio do Irixo". No segundo punto declarase que "o concello do Carballiño aposta pola implantación da compostaxe, a reducción, a reciclaxe e a reutilización como base do tratamento de residuos e aminorización da incineración atá conseguir a súa desaparición". O acordo será comunicado ao Concello do Irixo, á Xunta Rectora do monte comunal de Menáz, Casares, Filgueira, O Cardedo e Orosa, á Xunta de Galicia, asi como a empresa Estéla Eólica e os demáis concellos da Comarca, fíxase no terceiro punto.

Tamén se acorda - asi se recolle no cuarto punto da declaración- a creación dunha comisión de seguimento deste proxecto para que o concello se persoe nas actuacións oportunas que se consideren necesarias. Esta comisión estará presidida polo Alcalde, e na mesma tamén se integrarán o concelleiro de medio ambiente e un representante por cada grupo político. Finalmente, e a petición do grupo socialista, tamén se reflicte no acordo que o mesmo será comunicado á Deputación de Ourense, e que o mesmo sexa tratado polo pleno da entidade provincial.

Por parte dos grupos da oposición fixeronse varios reproches ao Partido Popular, que non obstante non impediron que o acordo se aprobase por unanimidade. Desde o BNG, Aúrea Francisco botoulle en cara a Marnotes que non defendese esta mesma postura no pleno que dias atrás celeborou a Corporación. Desde o consello local do BNG, Diego Valeiras facía un chamamento a toda a cidadanía para acudir á manifestación convocada para este sábado "para amosar unha postura firme fornte a ambigüedade do Partido Popular". Mentres, desde o PSdeG, manifestabase nas horas previas á celebración plenaria que "non é compresible a tardanza coa que o Alcalde do Carballiño trata de chegar a un acordo, tendo en conta que neste tempo xa se deron  pasos de importancia para o inicio deste proxecto que consideramos sería un auténtico desastre para O Carballiño e Comarca".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/corporacion-municipal-do-carballino-aproba-por-unanimidade-un-acordo-contra-instalacion-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/corporacion-municipal-do-carballino-aproba-por-unanimidade-un-acordo-contra-instalacion-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/corporacion-municipal-do-carballino-aproba-por-unanimidade-un-acordo-contra-instalacion-da [3] whatsapp://send?text=A Corporación Municipal do Carballiño aproba por unanimidade un acordo contra a instalación da planta de residuos http://copecarballino.es/novas/corporacion-municipal-do-carballino-aproba-por-unanimidade-un-acordo-contra-instalacion-da [4] http://copecarballino.es/print/42874