Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > As comunidades parroquiais do Arciprestazgo do Carballiño-Orcellón manifestanse "contra o dano físico e moral" da incineradora

5, Xaneiro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os Sacerdotes e as comunidades parroquiais que forman o Arciprestazgo do Carballiño-Orcellon, que integran a totalidade das parroquias dos concellos do Irixo, Boborás e O Carballiño, veñen de tomar unha postura pública na declaran que "nos unimos a maioria dos veciños desta bisbarra e pobos limítrofes que se opoñen a que se instale esta incineradora".

Xosé Benito Sieiro, Arcipreste e Párroco do Carballiño, explicou en COPE O Carballiño que "non podemos permanecer impasibles, e facémolo polos graves problemas que pode causar esta incineradora ás persoas, e tamén aos animais, á agricultura e ao medio ambiente".

O máximo responsable da Igrexa Católica no Arciprestazgo do Carballiño-Orcellón tamén manifestou no transcurso da súa intervención radiofónica "lamentar moito que non se nos informe con obxetividade dos danos que esta incineradora pode causarnos, por eso estamos contra o dano físico e moral e unímonos á vontade popular que está ampliamente contra esta incineradora, dividindo aos veciños desta bisbarra", manifestou.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/comunidades-parroquiais-do-arciprestazgo-do-carballino-orcellon-manifestanse-contra-o-dano

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comunidades-parroquiais-do-arciprestazgo-do-carballino-orcellon-manifestanse-contra-o-dano [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comunidades-parroquiais-do-arciprestazgo-do-carballino-orcellon-manifestanse-contra-o-dano [3] whatsapp://send?text=As comunidades parroquiais do Arciprestazgo do Carballiño-Orcellón manifestanse [4] http://copecarballino.es/print/42875