Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro comeza o ano cunha victoria en Barbadás

7, Xaneiro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un golazo de Iglesias no minuto 53 de partido deu ao Arenteiro os 3 puntos no partido xogado esta tarde no campo dos Carrís ante o Barbadás B, desta maneira os carballiñeses comezan o ano con victoria, no partido que completa a primeira volta do campionato, conservando a segunda posición na táboa de clasificación, en posto de ascenso directo á preferente.

O partido xogouse -igual que no seu día ante a S.D. Valenzá- cunha moi deficiente iluminación, con luz artificial que necesita unha melloría para que o xogo poida seguirse con normalidade. Tras unha primeira parte de centrocampismo por ambos equipos e sen apenas xogadas de perigo, na reanudación o Arenteiro  fíxose co control absoluto do partido, que resolvería Iglesias, tras irse dun contrario,  o disparo do dianteiro carballiñes colase na portería local. Despois, puderon vier algunhos goles máis, xa que o Arenteiro tería polo menos outras tres claras ocasións manifestas de volver marcar, pero os dianteiros verdes non estiveron afortunados. Pola súa parte,  o Barbadás B en ningún momento creou perigo ante a portería carballiñesa, defendida hoxe por Samuel.

O Arenteiro xogou o último cuarto de partido con 10 xogadores, por expulsión de Gabriel Carballeda, o árbitro ensinoulle a tarxeta vermella nunha xogada que non pasou de ser unha falta normal, e ademáis en campo do Barbadás, de forma incomprensible o árbitro decidiu deixar ao Arenteiro en inferioridade numérica.  Non obstante,  a expulsión non influíu para nada no rendemento dos carballiñeses, que foron superiores ao equipo local, e puderon conseguir unha victoria máis ampla no marcador.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-comeza-o-ano-cunha-victoria-en-barbadas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-comeza-o-ano-cunha-victoria-en-barbadas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-comeza-o-ano-cunha-victoria-en-barbadas [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro comeza o ano cunha victoria en Barbadás http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-comeza-o-ano-cunha-victoria-en-barbadas [4] http://copecarballino.es/print/42878