Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Un matrimonio de Cea e a súa filla entre os supervivintes do Costa Concordia

15, Xaneiro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O matrimonio formado por José Virgilio Lorenzo e Anunciación Fernández e a súa filla Maria José encontranse ben tralo pesadelo e prevese que este lúns xa poidan estar de regreso en Cea. As 3 da tarde do domingo viaxan desde Roma a Barcelnoa e o luns pola noitiña collerán o tren hotel que os trasladará atá a estación de Ourense.

Virgilio e Anuncia, veciños de Cea , celebraban neste cruceiro as bodas de ouro do matrimonio acompañados pola súa filla María José, traballadora da Deputación de Ourense.

Nunha entrevista con Xan Pinal en COPE O Carballiño, Maria José Lorenzo relatou como "oímos un forte golpe e o barco quedouse en luz, foron momentos de desesperación e apalpando polo barco e como puden fun polos chalecos salvavidas, a sorte foi que estabamos cerquiña dunha illa e chegamos moi pronto no bote salvavidas, aquelo foi un caos, non vimos a niguén da tripulación". Maria José agradeceu a través da radio as mostras de cariño que recibiron nas últimas horas "non puden atender a todas a chamadas, pero sabemos que moita xente estivo pendiente de nós, afortunadamente xa pasou todo".

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/un-matrimonio-de-cea-e-sua-filla-entre-os-supervivintes-do-costa-concordia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-matrimonio-de-cea-e-sua-filla-entre-os-supervivintes-do-costa-concordia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-matrimonio-de-cea-e-sua-filla-entre-os-supervivintes-do-costa-concordia [3] whatsapp://send?text=Un matrimonio de Cea e a súa filla entre os supervivintes do Costa Concordia http://copecarballino.es/novas/un-matrimonio-de-cea-e-sua-filla-entre-os-supervivintes-do-costa-concordia [4] http://copecarballino.es/print/42885