Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O PSOE de Leiro pide que a Corporación Municipal se pronuncie sobre a incineradora

16, Xaneiro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

 Os socialistas de Leiro presentaron unha moción pedindo a convocatoria dun pleno extraordinario para rexeitar a ubicación no concello do Irixo da planta incineradora de lixo.
O único punto do día deste pleno extraordinario sería o debate da moción presentada polo PSdeG e o Grupo Mixto para rexeitar dita planta de residuos urbanos do sur de Galicia no concello do Irixo.

 Na exposición de motivos da moción lembran  “o cinismo e a falta de valentía do PP” que non fixo pública a ubicación da planta ata pasadas as eleccións xerais “por medo a perder votos no concello e na comarca afectada”.
Salientan a oposición frontal a esta planta manifestada por colectivos veciñais, sociais e políticos de toda índole, para evitar que “Ourense se converta no estercoleiro do sur de Galicia”, e critican a demagoxia do PP “cando asegura que esta planta aposta polo reequilibrio territorial entre a Galicia costeira e a do interior”.
“Estamos seguros que se alguén aprecia á provincia de Ourense non se lle pasaría pola imaxinación traer unha megaplanta contaminante para esta provincia”, afirman.

 Na moción instan ademais á Xunta a apostar por modelos de tratamento de residuos alternativos á incineración,  máis racionais e respectuosos co medio ambiente que contribúan a xeración de numerosos postos de traballo.

 

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-psoe-de-leiro-pide-que-corporaci%C3%B3n-municipal-se-pronuncie-sobre-incineradora

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psoe-de-leiro-pide-que-corporación-municipal-se-pronuncie-sobre-incineradora [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psoe-de-leiro-pide-que-corporación-municipal-se-pronuncie-sobre-incineradora [3] whatsapp://send?text=O PSOE de Leiro pide que a Corporación Municipal se pronuncie sobre a incineradora http://copecarballino.es/novas/o-psoe-de-leiro-pide-que-corporación-municipal-se-pronuncie-sobre-incineradora [4] http://copecarballino.es/print/42887