Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A xustiza falla a favor do Concello de Avión no litixio dos lindes municipais con Carballeda de Avia

17, Xaneiro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Sala 2ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de dictar sentencia pola que da a razón ao Concello de Avión no recurso plantexado polo de Carballeda de Avia en relación aos lindes entre ambos municipios.

Desta maneira, o TSXG acepta os postulados defendidos polo Concello de Avión, sustentados fundamentalmente nos informes emitidos polo Instituto Xeográfico Nacional, e rexeita os argumentos do Concello de Carballeda de Avia  baseábanse en estudios feitos pola empresa Servicat S.L. e mailo historiador e Ex-Alcalde do Carballiño, Carlos Montes.

A Sentencia supón para o Alcalde de Avión "unha enorme alegría, porque ao fin a xustiza danos a razón nun asunto tan obvio e claro como este, malia de que por parte de algunhos intentouse defender o indefendible, pois con tan só acudir ao monte e ver os marcos este asunto debeu quedar finiquitado fai tempo e non estar en permanente confrontación durante máis de 9 anos, facendonos gastar un diñeiro que esaría mellor gastado noutras necesidades antes que neste tipo de pleitos", manifestou Antonio Montero.

Agora trala Sentencia, o Rexedor Municipal de Avión promoverá "que esos terreos regresen baixo a xurisdicción do Concello de Avión, e tamén que volvan a formar parte do monte comunal de Cortegazas e non como están figurando na actualidade no de Laceiras".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xustiza-falla-favor-do-concello-de-avion-no-litixio-dos-lindes-municipais-con-carballeda-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xustiza-falla-favor-do-concello-de-avion-no-litixio-dos-lindes-municipais-con-carballeda-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xustiza-falla-favor-do-concello-de-avion-no-litixio-dos-lindes-municipais-con-carballeda-de [3] whatsapp://send?text=A xustiza falla a favor do Concello de Avión no litixio dos lindes municipais con Carballeda de Avia http://copecarballino.es/novas/xustiza-falla-favor-do-concello-de-avion-no-litixio-dos-lindes-municipais-con-carballeda-de [4] http://copecarballino.es/print/42890