Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Alcalde do Irixo recibíu aos veciños que se opoñen á incineradora

26, Xaneiro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un numeroso grupo de veciños achegouse atá a casa do concello para facer entrega no rexistro municipal de diversa documentación desfavorable á incineración de residuos e conseguiron trasladar a súa inquietude ao Alcalde Manuel Penedo, que os recibíu no seu despacho.

Os veciños tiñan pensado "que un burro levase os documentos atá a casa do concello, pero ó final non pudo ser, non houbo maneira, o burro non quixo ír e houbo que deixalo", declarou en COPE O Carballiño o Presidente da Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non, José Castro, "a nosa intención era chamar a atención, e responderlle ao Alcalde que reiteradamente nos está decindo a través dos medios que lle aportemos documentación que desaconselle a incineración".

Unha vez que os veciños se achegaron atá o consistorio atopáronse có Alcalde, que se dispoñía a marchar  no seu coche "interpelárono e pedironlle que os atendese", ao que finalmente accedeu o Rexedor Municipal. Nese encontro,  os veciños volveron insistir ante o Alcalde para que reconsidere a súa postura, mentres, Penedo díxolles que "esto é bó para O Irixo, se non fose asi non se faría, vai crear  moitos postos de traballo e que non podía dar marcha atrás porque decepcionaría a moita xente".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-alcalde-do-irixo-recibiu-aos-vecinos-que-se-oponen-incineradora

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-do-irixo-recibiu-aos-vecinos-que-se-oponen-incineradora [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-do-irixo-recibiu-aos-vecinos-que-se-oponen-incineradora [3] whatsapp://send?text=O Alcalde do Irixo recibíu aos veciños que se opoñen á incineradora http://copecarballino.es/novas/o-alcalde-do-irixo-recibiu-aos-vecinos-que-se-oponen-incineradora [4] http://copecarballino.es/print/42904