Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xustiza anula a RPT de 2008 no Concello do Carballiño

15, Febreiro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Sala do Contencioso-Administrativo do  Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de dictar unha sentencia na que da a razón a CIG en relación ao recurso que presentara contra a Relación de Postos de Traballo aprobada en marzo de 2008.  A RPT fora aprobada pola Corporación Muncipal, daquéla presidida polo Ex-Alcalde Carlos Montes, e cun goberno en minoria dos socialistas.

Agora, case 4 anos despois, a xustiza "anula por non estar conforme a dereito a Relación de Postos de Traballo - RPT- do ano 2008, estimando desta maneira o recurso presentado pola Confederación Intersindical Galega, ao entender que o acordo do Concello do Carballiño foi adoptado de "forma unilateral"`polo que se aprobou unha RPT "a carta e discriminatoria" para os traballadores.

A sentencia ten agora un valor puramente testimonial, toda vez que a relación laboral e a RPT do ano 2008 está xa superada polo tempo. Desde a CIG-Adimistracción Local, Xavier Cerdeiro lamentou a tardanza da sentencia "a xustiza cando é lenta deixa de ser xustiza, aínda que tarde a sentencia dano a razón e condena ao Concello do Carballiño por violar o dereito á negociación colectiva e a libertade sindical", suliñou.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xustiza-anula-rpt-de-2008-no-concello-do-carballi%C3%B1o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xustiza-anula-rpt-de-2008-no-concello-do-carballiño [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xustiza-anula-rpt-de-2008-no-concello-do-carballiño [3] whatsapp://send?text=A Xustiza anula a RPT de 2008 no Concello do Carballiño http://copecarballino.es/novas/xustiza-anula-rpt-de-2008-no-concello-do-carballiño [4] http://copecarballino.es/print/42925