Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os socialistas esixen explicacións sobre o monumento ao pan de Cea

17, Febreiro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

 O portavoz socialista en Cea e deputado provincial, Guillermo Dopazo, presentou un escrito no Concello no que pregunta ao alcalde onde está o monumento ao Pan de Cea para o que recibiu unha subvención da deputación de 20.000 euros.

Dopazo lembra que o alcalde, José Luís Valladares, pediu esta subvención en setembro de 2008 e foi concedida o 5 de marzo de 2010 en Xunta de Goberno. “Da obra en cuestión, para a que o artista Acisclo Manzano presentara un boceto, nada se sabe, aínda que segundo informa a interventora da Deputación o pago efectuouse o 8 de abril de 2010,”, explica.

 Dopazo considera que a celeridade en outorgar e pagar esta subvención nominativa ao Concello de San Cristovo de Cea non continuou á hora de ser executala por parte do concello. “Máis de 10 meses despois aínda non está o monumento presentado ante os veciños, nin forma parte da paisaxe urbana do noso concello pese a que a subvención a contemplaba como obra escultórica pública municipal”, sinala.

 Así as cousas, os socialistas preguntan cando pensa o alcalde decidir unha ubicación definitiva para esta obra, porque segundo manifestou á prensa o pasado mes de setembro barallaban varias opcións.

“Queremos entender que o diñeiro si se utilizou para pagar ao escultor Acisclo Manzano, pero o que non podemos admitir é que aínda non estea exposto ao público, polo que esiximos saber que pasa con este monumento”, conclúe.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-esixen-explicacions-sobre-o-monumento-ao-pan-de-cea

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-esixen-explicacions-sobre-o-monumento-ao-pan-de-cea [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-esixen-explicacions-sobre-o-monumento-ao-pan-de-cea [3] whatsapp://send?text=Os socialistas esixen explicacións sobre o monumento ao pan de Cea http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-esixen-explicacions-sobre-o-monumento-ao-pan-de-cea [4] http://copecarballino.es/print/42930