Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Indignación na Comparsa do Irixo: A Garda Civil imponlle unha multa de 1.500 euros por infracción de tráfico

28, Febreiro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os responsables da comparsa "As Monarcas do Irixo" aseguran que contaban cun permiso de transporte especial para os dias nos que tiñan previsto desplazarse nas pasadas celebracións do antroido.

Non obstante, a Garda Civil interceptou no Carballiño á comitiva cando regresaban o pasado sábado de piñata da vila de Celanova, na rotonda da Fontela atoparonse cunha patrulla da Garda Civil, que os seguiron e á altura da rotonda da Casa Azul pedironlle a documentación dos vehículos, impoñendolle unha multa de 1.500 euros "por transitar pola via pública con vehículos non autorizados", 500 euros polo vehículo tráctor e outras duas multas cada unha por importe de 500 euros por cada unha das carrozas.

 Pese a explicarlle aos axentes que se trataba dun desplazamento programado que formaba parte da festa do antroido, a Garda Civil "non atendeu razóns e calcounos 1.500 euros, asi sacanlle as ganas a calquera, con este tipo de actitudes acaban có antroido, se lle fan falta cartos que os saquen de outra maneira pero non así", manifestaron a esta emisora de radio os comparsitas, moi disgustados coa actuación da Garda Civil.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/indignacion-na-comparsa-do-irixo-garda-civil-imponlle-unha-multa-de-1500-euros-por-infraccion

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/indignacion-na-comparsa-do-irixo-garda-civil-imponlle-unha-multa-de-1500-euros-por-infraccion [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/indignacion-na-comparsa-do-irixo-garda-civil-imponlle-unha-multa-de-1500-euros-por-infraccion [3] whatsapp://send?text=Indignación na Comparsa do Irixo: A Garda Civil imponlle unha multa de 1.500 euros por infracción de tráfico http://copecarballino.es/novas/indignacion-na-comparsa-do-irixo-garda-civil-imponlle-unha-multa-de-1500-euros-por-infraccion [4] http://copecarballino.es/print/42943