Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Agustín Hernández asegura que a Xunta non decidirá a ubicación da incineradora "ata que non teñamos a proposta concreta"

1, Marzo 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Conselleiro de Medio Ambiente fixo estas declaracións no transcurso da visita institucional que realizou ao Concello de Beariz " a dia de hoxe non temos ningunha documentación a maiores, entendo que se a empresa propuxo o Concello do Irixo, presentará a documentación, pero insisto que a dia de hoxe non presentou nada".

Agustín Hernández aclarou que a intención da Xunta de Galicia é cumplir os prazos fixados no plan de residuos de Galicia "temos que cumplir o plan de residuos, existe unha empresa que é Estéla Eólica, e xa o dixemos o dia 5 de decembro, que propuxo á Xunta de Galicia unha ubicación nun concello, non unha ubicación concreta", salientou.

Preguntado por COPE O Carballiño sobre a postura institucional tanto do Concello do Carballiño como da Deputación de Ourense en contra desa ubicación anuncidada no municipio do Irixo para instalar esa planta de residuos, O Conselleiro suliñou "o que dixeron é que non consideran axeitada unha ubicación que tiña tratada a empresa cos veciños dunha parroquia do Irixo, nós, cando teñamos esa proposta concreta, analizarémola e avaliarémola có concello onde se atope ese proxecto, e se ese proxecto que presente -se é que o presenta- non cumplise as condicións, a obriga da Xunta de Galicia sería buscar unha ubicación e cumplir o plan de residuos", remarcou.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/agust%C3%ADn-hern%C3%A1ndez-asegura-que-xunta-non-decidir%C3%A1-ubicaci%C3%B3n-da-incineradora-ata-que-non-te%C3%B1amos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/agustín-hernández-asegura-que-xunta-non-decidirá-ubicación-da-incineradora-ata-que-non-teñamos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/agustín-hernández-asegura-que-xunta-non-decidirá-ubicación-da-incineradora-ata-que-non-teñamos [3] whatsapp://send?text=Agustín Hernández asegura que a Xunta non decidirá a ubicación da incineradora [4] http://copecarballino.es/print/42946