Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño camiña pola igualdade

4, Marzo 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As previsións de choiva na mañá deste domingo non impediron que un numeroso grupo de persoas participasen na andaina organizada pola Concellería de Benestar Social do concello carballiñés. A actividade formaba parte da programación deste departamento municipal con motivo do Dia Internacional da Muller, que se conmemora o 8 de marzo.

A camiñata saíu da Praza Maior e cubríu un recorrido dunhos 10 kilómetros polas ribeiras do Arenteiro e dando a volta por Paciños e Mudelos, regrasando ata O Carballiño. A Concelleira Purificación Alberte, que en algunhos momentos encabezou a andaina, agradeceu ao final a participación ás persoas asistentes e invitounas a seguir involucrandose nas actividades organizadas polo Concello do Carballiño con motivo do Dia Internacional da Muller.

O vindeiro xoves, 8 de marzo, procederáse á lectura dun manifesto institucional no salón de actos da casa do concello, e inauguráse unha exposición dos murais realizados polo alumnado dos distintos centros de ensinanza do Carballiño. Ademáis, este lúns remata o prazo para presentar as fotos ao 1º concurso fotográfico "Mulleres no Rural", que organizou o concello carballiñés en colaboración coa Asociación Fotrográfica O Potiños.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-carballino-camina-pola-igualdade

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-camina-pola-igualdade [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-camina-pola-igualdade [3] whatsapp://send?text=O Carballiño camiña pola igualdade http://copecarballino.es/novas/o-carballino-camina-pola-igualdade [4] http://copecarballino.es/print/42947