Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Audiencia Provincial devolve ao Xulgado as actuacións polos sucesos de 2009 na canceira do Carballiño

6, Marzo 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Audiencia Provincial de Ourense ven de dictar unha resolución en contra do arquivo da causa que se sigue no Xulgado nº 1 do Carballiño pola morte de cans de forma violenta na canceira municipal da Medela.

Neste auto do pasado 24 de febreiro, a Audiencia considera "prematura a decisión do Xulgado de Instrucción de arquivar a causa sen tomar declaración aos responsables e traballadores da canceira, declaracións que se solicitaron no procedemento co obxeto de aclarar a morte dos animais", según declara a Asociación Matar por Matar Non, que recurrira ante a Audiencia o arquivo do procedemento denunciado no Xulgado do Carballiño.

Ademáis, a asociación recorda como "é a 3ª vez que a Audiencia Provincial detén o arquivo desta causa e decide devolvela ao Xulgado do Carballiño ao obxxeto de que se aclare o posible delito de maltrato animal, co resultado de máis dun cento de cans mortos con indicios de violencia".

En declaracións a COPE O Carballiño, o responsable da asociación, Xulio Fernández, recordou como "no Concello do Carballiño constituírase unha comisión de investigación para aclarar os feitos, houbo un cámbeo de goberno e aínda seguimos esperando que esta comisión faga o seu traballo, non dirán que non somos pacientes", ironizou.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/audiencia-provincial-devolve-ao-xulgado-actuacions-polos-sucesos-de-2009-na-canceira-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/audiencia-provincial-devolve-ao-xulgado-actuacions-polos-sucesos-de-2009-na-canceira-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/audiencia-provincial-devolve-ao-xulgado-actuacions-polos-sucesos-de-2009-na-canceira-do [3] whatsapp://send?text=A Audiencia Provincial devolve ao Xulgado as actuacións polos sucesos de 2009 na canceira do Carballiño http://copecarballino.es/novas/audiencia-provincial-devolve-ao-xulgado-actuacions-polos-sucesos-de-2009-na-canceira-do [4] http://copecarballino.es/print/42950