Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os Socialistas non participarán "en sinal de protesta" nos actos municipais do Dia Internacional da Muller

7, Marzo 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Por vez primeira desde que se realizan os actos conmemorativos do 8 de marzo no Concello do Carballiño un grupo político non participará nos mesmos. Os Socialistas xustifican esta ausencia dos actos programados para o mediodida deste xoves na casa do concello porque "as diferencias entre o Partido Popular por unha banda e o PSdG e o BNG pola outra, na interpretación do papel da muller na nosa sociedade fixo que nesta ocasión o consenso fose inacadable".

"As politicas de igualdade pasan por feitos e non por propostas ambigüas e baleiras de contido como as que propón o novo goberno de dereitas de Madrid e que son defendidas con vehemencia no Concello do Carballiño, cando estas non supoñen outra cousa que un retroceso e a perda de derreitos adquiridos en materia de igualdade nos últimos anos", afirman os socialistas carballiñeses.

Para o grupo municipal do PSdG no Concello do Carballiño as políticas de igualdade pasan pola defensa "do dereito das mulleres a decidir sobre a súa saúde sexual e reproductiva de acordo doa Lei que o Partido Popular pretende derogar" e tamén  porque "se produza a igualdade nos salarios onde as diferencias coa nova Reforma Laboral se acrecentan", manifestan.

LECTURA DUN MANIFESTO, EXPOSICIÓNS, VÍDEO E FOTOGRAFIA NA CASA DO CONCELLO

As actividades programadas con mitivo do Dia Internacional da Muller pola Área de Benestar Social comezarán as 12 da maña coa lectura dun manifesto institucional , no salón de actos da casa do concello.

Ademáis, proxectaránse os vídeos "Pegadas de muller" editados por FEMURO e realizados por Anxo Santomil, nos que se contan as historias protagonizadas por 3 mulleres do rural da nosa comarca, veciñas das parroquias de Albarellos, O Lago e Santa Uxía de Lobás. Tamén se procederá a entrega os premios do concurso de fotografía "Mulleres no Rural" organizado en colaboración coa "Asociación O Potiños", e inauguraráse unha exposición de murais elaborados polo alumnado dos centros de ensinanza do Carballiño.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-non-participaran-en-sinal-de-protesta-nos-actos-municipais-do-dia-internacional

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-non-participaran-en-sinal-de-protesta-nos-actos-municipais-do-dia-internacional [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-non-participaran-en-sinal-de-protesta-nos-actos-municipais-do-dia-internacional [3] whatsapp://send?text=Os Socialistas non participarán [4] http://copecarballino.es/print/42952