Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello de Cea súmase á petición para esixir a construcción da A-56 e a súa conexión co Eixo do Ribeiro

8, Marzo 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Alcalde de Cea, José Luis Valladares, participou nunha reunión da que saíu unha "fronte común" que reinvidicará a recuperación do proxecto de construcción da autovia A-56.

Nesta xuntanza, que foi promovida polo Concello de Chantada, estiveron presentes representantes da maioria dos concellos polos que pasa o trazado previsto para esta autovia Ourense-Lugo, coa que deberá enlazar o Eixo do Ribeiro á altura do Alto das Lamas, entre os concellos de San Cristovo de Cea e Carballedo. Precisamente, o tramo que afecta a ambos concellos é o único no que as obras xa comezaran e quedaron paralizadas, tralos recortes do primeiro tixeirazo de fondos que afectou o Ministerio de Fomento no ano 2010.

Valladares salientou  en COPE O Carballiño a importancia desta futura autovia para as comarcas do Carballiño e O Ribeiro, asi como para todo o sur de Galicia e o norte de Portugal "xa que a través do Eixo do Ribeiro accederáse a unha via de comunicación pola que transitará o tráfico para o norte de España e Francia, e esto é moi importante para toda a nosa comarca e todo o interior de Galicia", dixo

Na reunión elaborouse un documento que agora será remitido ao Ministerio de Fomento, á Xunta de Galicia, ás Deputacións de Lugo e Ourense e a comisión de fomento do congreso para "reclamar que se reactive este proxecto" que os asinantes consideran "é fundamental para vertebrar o interior de Galicia".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-sumase-peticion-para-esixir-construccion-da-56-e-sua-conexion-co-eixo-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-sumase-peticion-para-esixir-construccion-da-56-e-sua-conexion-co-eixo-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-sumase-peticion-para-esixir-construccion-da-56-e-sua-conexion-co-eixo-do [3] whatsapp://send?text=O Concello de Cea súmase á petición para esixir a construcción da A-56 e a súa conexión co Eixo do Ribeiro http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-cea-sumase-peticion-para-esixir-construccion-da-56-e-sua-conexion-co-eixo-do [4] http://copecarballino.es/print/42953