Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Corporación do Carballiño aproba o recoñecento extraxudicial de facturas dos últimos 11 anos por importe total de 383.575 euros

13, Marzo 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello do Carballiño deberá remitir ao Ministerio de Facenda antes do 31 do actúal mes de marzo un plan de viabilidade para devolver este diñeiro que agora adiantará o Estado, e que as empresas cobrarán directamente nas entidades bancarias.

O concello carballiñés terá 10 anos para devolver este diñeiro, polo que pagará un xuro do 5%. Finalmente, foron 49 facturas, que suman un importe total de 383.575,13 euros. Esta cantidade é notablemente superior á que estaba contemplada inicialmente, ao engrosar este expediente de recoñecemento extraxudicial  aprobado polo pleno corporativo as facturas presentadas pola empresa que xestionou a Recadación Municipal entre os anos 2001 ao 2007, que suman un importe de 182.000 euros.

O expediente, que agora será remitido ao Ministerio de Facenda, foi aprobado cos votos a favor do Partido Popular e PSdG, e a abstención da concelleira do BNG.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/corporacion-do-carballino-aproba-o-reconecento-extraxudicial-de-facturas-dos-ultimos-11-anos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/corporacion-do-carballino-aproba-o-reconecento-extraxudicial-de-facturas-dos-ultimos-11-anos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/corporacion-do-carballino-aproba-o-reconecento-extraxudicial-de-facturas-dos-ultimos-11-anos [3] whatsapp://send?text=A Corporación do Carballiño aproba o recoñecento extraxudicial de facturas dos últimos 11 anos por importe total de 383.575 euros http://copecarballino.es/novas/corporacion-do-carballino-aproba-o-reconecento-extraxudicial-de-facturas-dos-ultimos-11-anos [4] http://copecarballino.es/print/42957