Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Paralizadas as obras de construcción do Parque Comarcal de Bombeiros

26, Marzo 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Unhos dias despois de comezadas as obras no pasado mes de febreiro, na parcela sita no parque empresarial do Carballiño, as mesmas atopanse paralizadas desde fai varias semanas.

A requirimentos desta emisora de radio, os responsables da Dirección Xeral de Emerxencias e Protección Civil da Xunta de Galicia rexeitaron facer declaracións para aclarar os motivos da paralización da obra, limitandose a dicir que “os traballos continuaranse próximamente”.

Non obstante, COPE O Carballiño confirmou que a paralización da obra por parte da empresa constructora non obedece a motivacións técnicas, polo que se deduce que recibíu unha orde da administración para parar os traballos, xa principiados. O problema podería ser administrativo, e máis concretamente tería que ver coas aportacións económicas das distintas administracións a este proxecto.

A obra de construcción do edificio para o futuro parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro foi adxudicada pola Sociedade Pública de Investimentos de Galicia á UTE formada por “Atlántica-Construcciones Tarilonte”, por un importe de 564.971 euros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/paralizadas-obras-de-construcci%C3%B3n-do-parque-comarcal-de-bombeiros

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/paralizadas-obras-de-construcción-do-parque-comarcal-de-bombeiros [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/paralizadas-obras-de-construcción-do-parque-comarcal-de-bombeiros [3] whatsapp://send?text=Paralizadas as obras de construcción do Parque Comarcal de Bombeiros http://copecarballino.es/novas/paralizadas-obras-de-construcción-do-parque-comarcal-de-bombeiros [4] http://copecarballino.es/print/42971