Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello do Carballiño pon en marcha o teléfono do contribuínte

4, Abril 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concello do Carballiño ofrece xa un novo número de teléfono para a atención tributaria, este número é o 988 98 40 71, e estará aberto de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas de forma ininterrompida.

Neste teléfono todo contribuínte do Carballiño poderá consultar calquera dúbida tributaria, como prazos de pagamento ou débedas co concello, e ao mesmo tempo ofrécelle servizos como solicitar duplicados de pagamentos, a domiciliación de recibos co conseguinte beneficio que isto reporta ao contribuínte carballiñés mediante gravación de voz, os ingresos en conta e todo o que teña que ver co servizo de recadación do concello.

Así mesmo ofrécese a posibilidade aos contribuíntes dun servizo de información tributaria sms, co que quen o desexe poderá recibir mediante unha mensaxe de texto, toda a información relativa aos seus impostos e taxas municipais. Este servizo poderase adquirir dando o teléfono móbil a través da liña antes mencionada, o 988 98 40 71, ou ben directamente na oficina de recadación municipal situada na rúa Faustino Santalices.

Con este servizo o usuario recibirá inmediatamente toda a información relativa aos seus impostos municipais tales como períodos de pagamento, débedas ou recargas.

Con este novo servizo o actual grupo de goberno municipal segue apostando por facilitar ao contribuínte todos os seus compromisos co concello, axilizando as xestións e ofrecendo maior comodidade ao veciño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballi%C3%B1o-pon-en-marcha-o-tel%C3%A9fono-do-contribu%C3%ADnte

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballiño-pon-en-marcha-o-teléfono-do-contribuínte [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballiño-pon-en-marcha-o-teléfono-do-contribuínte [3] whatsapp://send?text=O Concello do Carballiño pon en marcha o teléfono do contribuínte http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballiño-pon-en-marcha-o-teléfono-do-contribuínte [4] http://copecarballino.es/print/42980