Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > 0 53% dos socios posicionan á Sociedade de Cazadores do Irixo en contra da incineradora

8, Abril 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A participación nesta asemblea extraordinaria rebasou todas as expectativas, do total de 230 socios que forman parte da Sociedade acudiron á convocatoria 165, cando a media de asistencia viña situandose arredor do medio centenar.

A Sociedade Deportiva de Cazadores do Irixo, probablemente o colectivo social máis numeroso do municipio, celebrou esta asemblea a petición dun grupo de socios, que facendo valer os estatutos da sociedade, reuniron o número sufiente de firmas para esixir a convocatoria, ante a pasividade do actúal Presidente, que se amosaba reacio á petición dunha parte do colectivo de cazadores que viñan demandando un posicionamento público e oficial da Sociedade en contra da instalación da planta incineradora.

Tras unha breve exposición por parte dos promotores da convocatoria, na que manifestaron a súa postura en contra da incineradora pola súa repercusión negativa na fauna e na flora asi como unha reducción da superficie do TECOR que xestiona a Sociedade, procedeuse a unha votación mediante papeletas dispostas a tal efecto.

Dos socios que acudiron á asemblea, 87 votaron en contra da incineradora e 65 a favor, mentres que outros 13 socios non se pronunciaron. Desta maneira, en porcentaxes, resultou que un 53% dos socios asisntentes posicionaronse en contra da instalación da incineradora. Unha postura maioritaria que será agora comunicada por escrito ao Concello do Irixo.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/0-53-dos-socios-posicionan-sociedade-de-cazadores-do-irixo-en-contra-da-incineradora

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/0-53-dos-socios-posicionan-sociedade-de-cazadores-do-irixo-en-contra-da-incineradora [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/0-53-dos-socios-posicionan-sociedade-de-cazadores-do-irixo-en-contra-da-incineradora [3] whatsapp://send?text=0 53% dos socios posicionan á Sociedade de Cazadores do Irixo en contra da incineradora http://copecarballino.es/novas/0-53-dos-socios-posicionan-sociedade-de-cazadores-do-irixo-en-contra-da-incineradora [4] http://copecarballino.es/print/42982