Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Aparecen movidas varias lápidas no cemiterio parroquial de Punxín

12, Abril 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Ninguén na parroquia de Santa María de Punxín se explica cal pode ser o motivo de tan estraño suceso, tras comprobarse como nos últimos dias varias lápidas do cemiterio apareceron movidas e fora do seu sitio.

A maioria das lápidas correspondianse a panteóns valeiros "aínda que polo menos nun caso tamén apareceu fora do seu sitio a dun nicho que sí está ocupado con restos humanos", manifestou en COPE O Carballiño o Párroco Emilio Outomuro, que ademáis mostrou a súa perplexidade polo que veu sucedendo no transcurso dos últimos dias.

"Había comentarios que poidera ser que estivesen buscando algún tema de droga, pero é moi estraño porque non se ían arriscar a ser descubertos, porque según comentan os veciños tiveron que ir varias noites, tamén se decía que esto tivese que ver con algún ritual satánico, todo esto é moi desagradable para as familias que teñen alí enterrados a seres queridos e se atoparon con esta sorpresa ", comentou o responsable da parroquia.

Propietarios dos panteóns danados presentaron denuncia dos feitos ante a Garda Civil, que está investigando o suceso.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/aparecen-movidas-varias-l%C3%A1pidas-no-cemiterio-parroquial-de-punx%C3%ADn

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/aparecen-movidas-varias-lápidas-no-cemiterio-parroquial-de-punxín [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/aparecen-movidas-varias-lápidas-no-cemiterio-parroquial-de-punxín [3] whatsapp://send?text=Aparecen movidas varias lápidas no cemiterio parroquial de Punxín http://copecarballino.es/novas/aparecen-movidas-varias-lápidas-no-cemiterio-parroquial-de-punxín [4] http://copecarballino.es/print/42987