Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Xesús Alonso Montero e Agustín Fernández Paz, premios Antón Losada Diéguez 2012

21, Abril 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Casa do Concello de Boborás acolleu a reunión do xurado que fallou a XXVII edición do premio literario Antón Losada Diéguez, ao que este ano concurriron 16 obras na modalidade de ensaio e investigación, e 18 no apartado de creación literaria.

Xesús Alonso Montero mereceu o recoñecemento do xurado pola súa obra "Anibal Otero. Lingüistica e política", na modalidade de ensaio e investigación. Agustín Fernández Paz é o gañador do apartado de creación literaria coa súa obra "Non hai noite tan longa´". As publicacións gañadoras repartense un premio de 6.000 euros.

A entrega dos premios, que convocan os concellos de Boborás e O Carballiño, será o vindeiro 9 de xuño no transcurso dun acto que se celebrará no Pazo da familia Losada Diéguez, na localidade bobarense de Moldes.

CREACIÓN LITERARIA

Por parte dos membros do Xurado analízanse todas e cada unha das obras que se incluíron no campo de Creación Literaria e como resultado do estudo e deliberación resulta premiada por unanimidade o libro “Non hai noite tan longa” do autor Agustín Fernández Paz e da editorial Xerais.

En este caso o xurado destacou que se trata dunha obra narrativa impecable que indaga na conciencia nacional e nos reconcilia coa nosa memoria. Inciden en que se nota a madurez do autor e que foi unha obra que chegou a todo tipo de públicos.

 

INVESTIGACIÓN E ENSAIO

Neste caso tamén resulta premiada e por unanimidade  a obra “Anibal Otero. Lingüística e política” do autor Xesús Alonso Montero e da editorial Xerais.

O xurado valorou neste caso que é unha obra que rescata unha figura moi significativa do que foi a cultura galega do século XX. O investigador, Xesús Alonso Montero,  manexa unha grande riqueza de fondos documentais, poñendo de manifesto a súa familiaridade coas circunstancias históricas que marcaron as vidas de intelectuais e investigadores galegos na guerra e inmediata posguerra.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xes%C3%BAs-alonso-montero-e-agust%C3%ADn-fern%C3%A1ndez-paz-premios-ant%C3%B3n-losada-di%C3%A9guez-2012

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xesús-alonso-montero-e-agustín-fernández-paz-premios-antón-losada-diéguez-2012 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xesús-alonso-montero-e-agustín-fernández-paz-premios-antón-losada-diéguez-2012 [3] whatsapp://send?text=Xesús Alonso Montero e Agustín Fernández Paz, premios Antón Losada Diéguez 2012 http://copecarballino.es/novas/xesús-alonso-montero-e-agustín-fernández-paz-premios-antón-losada-diéguez-2012 [4] http://copecarballino.es/print/42997