Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Corporación do Irixo debatirá este xoves unha moción socialista sobre a instalación da incinerdora

24, Abril 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os socialistas do Irixo presentarán unha moción contra a instalación dunha planta incineradora de lixo neste concello que será debatida  no pleno do vindeiro xoves 26 de abril ás 13.00 horas.

 O portavoz, Javier Rodríguez, critica os intentos do alcalde por non dar a cara ante os veciños no que sen dúbida foi o asunto municipal máis importante dos últimos anos. “Nesta ocasión traslada das 9.00 ás 13.00 horas a celebración dun pleno que ten 11 puntos de orden do día, co único obxectivo de baleirar o salón de plenos e evitar o que el chama posibles incidentes”, explica.

 Rodríguez apunta que “o Partido Popular ten que deixar de buscar escusas e asumir dunha vez a súa responsabilidade neste tema”.

“É indecente recortar os dereitos democráticos doutro grupo político escudándose en algo que non pasou, actitudes que recordan a outras épocas que deberían estar xa desterradas”, conclúe.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/corporacion-do-irixo-debatira-este-xoves-unha-mocion-socialista-sobre-instalacion-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/corporacion-do-irixo-debatira-este-xoves-unha-mocion-socialista-sobre-instalacion-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/corporacion-do-irixo-debatira-este-xoves-unha-mocion-socialista-sobre-instalacion-da [3] whatsapp://send?text=A Corporación do Irixo debatirá este xoves unha moción socialista sobre a instalación da incinerdora http://copecarballino.es/novas/corporacion-do-irixo-debatira-este-xoves-unha-mocion-socialista-sobre-instalacion-da [4] http://copecarballino.es/print/43002