Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Preocupación entre os gandeiros polos ataques aos seus rebaños

24, Abril 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un carneiro morto e comido por cans foi encontrado no lugar de corzos, nas proximidades da localidade de Dacón. É o segundo suceso que se produce na Comarca nun intervalo de 4 dias, tras o acontecido na parroquia de Sagra, no que 20 ovellas resultaron mortas.

Despois de revisar os restos animais, púidose constatar que a morte non fora por asfixia como no caso do ataque da pasada semana en Sagra, xa que o colo non presentaba sinais de mordida, neste caso o ataque se produciu por enganche de varios cans, e despois de desfalecer, foi devorado vivo.

Os cans que atacaron son coñecidos por andar dende hai tempo libres pola zona de corzos, xa é a 2ª xeración que cría no monte, e pódeselles ver con relativa frecuencia polas inmediacións do ximnasio Olimpia. Antonio González, propietario do animal morto, tamén relata que " fai oito días estaba traballando a 3 km daquí, en Pousada e víuse como estes cans lle atacaban a uns becerros de José Luis, o veterinario, pero como éstes se defenden non lle deron feito nada", cabe recordar que estes tenreiros están protexidos por un cercado, a escasos metros das vivendas.

O dono do animal Antonio González  xa sufrira algún outro ataque había seis meses, neste caso eran cans destinados á caza do xabaril, o ataque saldouse cunha ovella morta.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/preocupaci%C3%B3n-entre-os-gandeiros-polos-ataques-aos-seus-reba%C3%B1os

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/preocupación-entre-os-gandeiros-polos-ataques-aos-seus-rebaños [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/preocupación-entre-os-gandeiros-polos-ataques-aos-seus-rebaños [3] whatsapp://send?text=Preocupación entre os gandeiros polos ataques aos seus rebaños http://copecarballino.es/novas/preocupación-entre-os-gandeiros-polos-ataques-aos-seus-rebaños [4] http://copecarballino.es/print/43003