Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Tensión e enfrontamentos entre os veciños que asistiron ao pleno da Corporación do Irixo

26, Abril 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O clima de crispación social que vive O Irixo púxose de manifesto no pleno da Corporación, entre o numeroso público que asistíu a sesión e que se repartía entre os partidarios do Sí e o Non á incineradora.

O Alcalde trasladou a celebración do pleno ao antigo salón de actos, na planta baixa da casa do concello, según o rexedor municipal "para facilitar a comodidade dos asistentes", unha decisión que foi criticada por algunhos dos veciños "polas reducidas dimensións da sala".

O grupo de goberno rexeitou a moción presentada polo concelleiro socialista na que se pedía "rexeitar a implantación do futuro complexo de Residuos Sólidos Urbanos do Sur de Galicia no concello do Irixo".  A moción foi rexeitada sen apenas entrar en debate, aínda que o Alcalde Manuel Penedo aproveitou o momento para dirixirse ao concelleiro socialista Javier Rodríguez e espetarlle ¿cántos anos traballou vostede en Cerceda? a sorpresiva pregunta foi acompañada con aplausos por unha parte do público. O socialista respondeulle decindo que "eu en Cerceda non traballei, eu dedicabame ao vidro e donde tiña o meu posto de traballo era en Verín, se estuven en Cerceda foi como un comerciante calquera". Penedo contestoulle entón " sí que traballaches e vendo o aspecto saudable que tes non che foi tan mal".

Diante da batería de preguntas presentada polo representante socialista en relación á polémica pola instalación da incineradora, que dixo trasladar ao pleno no  nome dos veciños, o Rexedor Municipal manifestou que "contestaréi por escrito ou no próximo pleno".

Ao rematar a sesión, vivironse momentos de tensión entre os veciños entre acudiron a este pleno, xa fora do salón de actos os enfrontamentos verbais entre unhos e outros a punto estiveron de xerar incidentes maiores. Algunos dos veciños tiveron que mediar para calmar os ánimos, e a tensión vivida provocou que alguna persoa abandonase a casa do concello con bágoas nos ollos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/tensi%C3%B3n-e-enfrontamentos-entre-os-veci%C3%B1os-que-asistiron-ao-pleno-da-corporaci%C3%B3n-do-irixo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/tensión-e-enfrontamentos-entre-os-veciños-que-asistiron-ao-pleno-da-corporación-do-irixo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/tensión-e-enfrontamentos-entre-os-veciños-que-asistiron-ao-pleno-da-corporación-do-irixo [3] whatsapp://send?text=Tensión e enfrontamentos entre os veciños que asistiron ao pleno da Corporación do Irixo http://copecarballino.es/novas/tensión-e-enfrontamentos-entre-os-veciños-que-asistiron-ao-pleno-da-corporación-do-irixo [4] http://copecarballino.es/print/43006