Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Suspenden a concentración de apoio aos gobernantes municipais "por petición expresa do Alcalde"

28, Abril 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Unhos dias despois de facer pública a convocatoria a través da rede social Facebook e outros medios, os seus promotores deciden suspendela ao entender que a súa celebración contribuiría a aumentar a crispación social no Irixo.

A concentración estaba anunciada para o sábado 5 de Maio na Praza do Concello do Irixo. Non obstante, a mesma sunpendese según manifestan os propios convocantes porque "despois de reunirnos co Alcalde Manuel Penedo e atendendo a súa petición expresa, decidimos suspender a convocatoria do dia 5 de maio, en pos de non seguir fomentando a división e crispación social que está a vivirse no noso concello, e que cada dia vai a máis", manifestan.

Aclaran, ademáis, que "tan so se trata dun aplazamento, polo que en datas posteriores farémos a convocatoria". Finalmente, agradecen "todas as numerosas mostras de apoio recibidas durantes os últimos dias".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/suspenden-concentraci%C3%B3n-de-apoio-aos-gobernantes-municipais-por-petici%C3%B3n-expresa-do-alcalde

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/suspenden-concentración-de-apoio-aos-gobernantes-municipais-por-petición-expresa-do-alcalde [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/suspenden-concentración-de-apoio-aos-gobernantes-municipais-por-petición-expresa-do-alcalde [3] whatsapp://send?text=Suspenden a concentración de apoio aos gobernantes municipais [4] http://copecarballino.es/print/43007