Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Centos de globos ao ceo do Carballiño para celebrar o dia das letras galegas

17, Maio 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Praza Maior acolleu este 17 de Maio o acto institucional organizado polo concello do Carballiño, que se desenvolveu cun ambiente festivo e a presenza de maior parte da Corporación Municipal.

O Alcalde, Argimiro Marnotes,  deu lectura a un bando conmemorativo, e de seguido procedeuse á solta de mil globos de cor azul co lema escrito en cor branca "Letras Galegas 2012 concello do Carballiño", combinando asi as dúas cores da bandeira galega. Ademáis, prendido a cada globo, colocaronse papeis con frases, palabras e lemas alusivos á lingua galega, feitos polo alumnado dos distintos centros educativos do Carballiño.

Ao acto acudiron a maioria dos concelleiros e concelleiras dos grupos municipais do Partido Popular e PSdG-PSOE, asi como numerosos nenos, que foron protagonistas destacados deste actividade conmemorativa do dia das letras galegas, que contou coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüistica do concello do Carballiño.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/centos-de-globos-ao-ceo-do-carballi%C3%B1o-para-celebrar-o-dia-das-letras-galegas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/centos-de-globos-ao-ceo-do-carballiño-para-celebrar-o-dia-das-letras-galegas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/centos-de-globos-ao-ceo-do-carballiño-para-celebrar-o-dia-das-letras-galegas [3] whatsapp://send?text=Centos de globos ao ceo do Carballiño para celebrar o dia das letras galegas http://copecarballino.es/novas/centos-de-globos-ao-ceo-do-carballiño-para-celebrar-o-dia-das-letras-galegas [4] http://copecarballino.es/print/43025