Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Dacón cumple 90 anos de celebración festiva de Santa Rita

21, Maio 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

No ano 1922 inaugurabase a Igrexa de Dacón, e desde entón o templo acolle unha imaxe de Santa Rita, unha obra do escultor "imaxineiro" valenciano Pio Mollar Franch, regalada á parroquia pola veciña do pobo Pilar Valeiras, según consta no arquivo parroquial de Amarante.

Asi pois, cumplese neste 2012 o 90 aniversario do inicio da devoción do pobo de Dacón a Santa Rita. O bispo da de Ourense, Leonardo Lemos Montanet, presidirá o martes 22 de maio ás 12,30 da mañá, a misa solemne que conmemora este cumpleanos. A celebración contará co acompañamento do Orfeón do Carballiño.

AS VERBENAS, PLATO FORTE NA PROGRAMACIÓN FESTIVA, CUN ORZAMENTO DE 25.000 EUROS

A programación de actividades organizada pola comisión de festas comezou o pasado dia 17, cun ciclo de cine infantil que se proxectou no salón parroquial. O domingo celebrouse un gran festival infantil, ademáis os bares da localidade veñen acollendo xogos e campionatos de dominó, subastado, billar e chave, e o mércores 23 xogaráse un partido de fútbol entre o Dacón F.C. e Veteranos Dacón.

O martes 22, amenizará a xornada a banda de música popular de Ruviós, que ofrecerá pasarrúas e concertos, e pola noite desde as 22,30 horas, as orquestras Ciclón e Marbella alternarán na primeira verbena das festas.

O mércores 23, encargaráse da animación musical a charanga Castro Bello, e para a verbena foron contratadas as orquestras Palladium e Panorama. A comisión de festas terá que reunir 25.000 euros, para cubrir o orzamento destas festas de Santa Rita 2012.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/dac%C3%B3n-cumple-90-anos-de-celebraci%C3%B3n-festiva-de-santa-rita

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/dacón-cumple-90-anos-de-celebración-festiva-de-santa-rita [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/dacón-cumple-90-anos-de-celebración-festiva-de-santa-rita [3] whatsapp://send?text=Dacón cumple 90 anos de celebración festiva de Santa Rita http://copecarballino.es/novas/dacón-cumple-90-anos-de-celebración-festiva-de-santa-rita [4] http://copecarballino.es/print/43026