Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os Socialistas de Leiro urxen unha solución para a estrada Paredes-Orega

8, Xuño 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os socialistas de Leiro pediron por escrito ao alcalde que acondicione a estrada que une os pobos de Paredes e Orega. Afirman que o vial atópase“nun estado lamentable polas múltiples deficiencias que presenta, con grandes buratos de constitúen un perigo para a circulación de vehículos”.

 O portavoz socialista, Manuel Rodríguez Vázquez, convida ao alcalde  a investir o famosos superávit do que presume, que ascende a case 130.000 euros, en servizos básicos necesarios para os veciños, porque dita cifra provén dos impostos que os veciños pagan, e non da súa conta de aforro do banco.

 “Parece que o diñeiro do Concello lle pertence ao alcalde, pero pertence aos veciños, el está só para xestionalo, e é o seu deber mellorar os servizos municipais e neste caso mellorar unha rúa que presenta graves deficiencias”, afirma.

Os socialistas denuncian que hai pobos “totalmente abandonados” polo grupo de goberno municipal, baixo a escusa de non endebedar o concello cando en realidade se trata de obras de pouco custe que se pagarían no propio exercicio.

 Como exemplo deste abandono está o feito de que nin sequera hai sinalización algunha que identifique o pobo de Orega, algo que tamén reclaman os veciños.

“Non cremos que arranxar esta vía vaia supoñer a ruína do Concello”, sinalan, “simplemente se trata dun exemplo máis da ineptitude do alcalde e do Partido Popular a quen non lle importan en absoluto os problemas dos cidadáns”, engaden.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-de-leiro-urxen-unha-solucion-para-estrada-paredes-orega

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-de-leiro-urxen-unha-solucion-para-estrada-paredes-orega [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-de-leiro-urxen-unha-solucion-para-estrada-paredes-orega [3] whatsapp://send?text=Os Socialistas de Leiro urxen unha solución para a estrada Paredes-Orega http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-de-leiro-urxen-unha-solucion-para-estrada-paredes-orega [4] http://copecarballino.es/print/43038